Ir al contenido principal

Mercado Anual - 25 de Marzo


  Ramón Hermida Pumares (23 de marzo de 2007)



MERCADO ANUAL.

O mercado de Ferreira, impulsor desta fermosa vila.

Hoxe, énchesenos a boca falando da sociedade da información, da sociedade do coñecemento, da globalización dos mercados, como si estivéramos a falar dunha gran revolución comercial, que a  é, pero é tal, máis pola tecnoloxía que se emprega que pola filosofía que se aplica, porque sempre foron os mercados  foros de información, núcleos de tertulia e de espacios globalizantes donde tiña cabida calquer tipo de mercaduría, sin importar procedencia, como sucede hoxendía.

Os mercados, dende sempre,  son o mundo riquísimo dos intercambios,  porque cando a xente vai o mercado non só se abastece de productos ou os vende, senón que entra en contacto coa información.

 Ir o mercado era  unha experiencia necesaria para as poboacións ailladas e hoxendía
 continúa a ser unha experiencia básica de socialización,  intercambio,  civilización e convivencia.

Imos ó noso mercado.  ¿Cómo naceu?.  ¿Qué trouxo consigo?.

Un anaco de Historia:

Alá polo ano de 1712, rexía as parroquias de Budián e Alaxe un crego chamado D. Ángel Castañón e Ayala.

No lugar de Ferreira, que entón pertenecía  a parroquia de Alaxe, había unha ermita dedicada a Virxen, coa advocación de Nosa Señora de Ferreira, pero con un sobrenombre muy especial “A Virxen da leite”, pois sábese que, e sobre todo D. Eulogio coñeceo ben, nunha roca encontrada cando foi retirada a ermita, figuraba esculpida a imaxe da Virxe dando de mamar ao cativo, o seu Fillo, o Neno Xesús.

Cando apareceu,  estaba boca abaixo non sei si para que non lle descubriran as carnes de pedra rosada… que todo podía ser dada a experiencia do Pórtigo da Gloria onde uns Anxos estaban a rirse dos peitos duha santiña que tiñan por diante. Os coengos rápido mandaron rebaixar os volúmenes daqueles senos, pero, dicen as crónicas,  o que non pudieron rebaixar foi a mueca de sorna deses anxos que seguen a rirse non sei si recordando o que viron ou contemplando o que ven.

 Aquí puido pasar o mesmo pero sin rebaixas.

Á Virxen, Nosa Señora da Leite, acudían moitos romeiros da comarca e de fora dela, sobre todo os días de sábado e nas festas principais da Virxen: 2 de febreiro, 25 de marzo, 8 de setembro.

Dándose cuenta D. Ánxel Castañón y Ayala, Crego de Alaxe, do tiro que esta romería tiña, aproveitando a concurrencia dos romeiros que viñan a ermita, deulle por organizar un mercado, e fixoo pola sua conta, buscando, diríamos hoxe, a promoción social de todo O Valadouro, evitando, deste xeito, que os veciños tiveran que desplazarse ao mercado de Mondoñedo que era o que tiñan mais cerca.

Claro está que a idea e o proxecto do Crego de Budián e Alaxe encontrouse coa oposición da cidade de Mondoñedo, cuxos rexidores querían seguir centralizando alí o mercado e por esta razón o procurador Xeral D. Juan Bermúdez Saavedra poñía en coñecemento da corporación municipal de Mondoñedo os grandes inconvintes que se seguían para aquela cidade coa celebración dos mercados de Ferreira e que se viñan celebrando sin facultad real.

Entre o noso Crego e o Bispo de Mondoñedo houbo fortes trifulcas que non sabemos como remataron pero o que sí sabemos é que, con provisións reais ou sin elas, dende o ano 1713, naide impideu a celebración do mercado do Valadouro.

Podemos atar estos cabos:

A existencia da ermita e o desenrolo dun mercado corren paralelos o longo dos séculos XVII, XVIII e XIX.

 Que a ermita foi centro de romería  que reunía no seu entorno a xentes de todas partes.

Que o auxe que colleu o mercado repercuteu no de Mondoñedo.

Pero non só repercuteu no mercado de Mondoñedo senon que obrigóu ó plantexamento de ter que prescindir da Ermita para buscar sitio para as mercadurías.

Que para desfacerse da Ermita houbo que buscar unha alternativa, unha igrexa nova para Ferreira.

Que o bispo de Mondoñedo puxo estas condicións para derribar a Ermita:
1.- Que la capilla no puede ser derribada hasta tanto que la iglesia esté habilitada para el culto.

2.- Que cuando desaparezca la Capilla es preciso que en el sitio que ahora ocupa el altar se levante una Cruz grande de piedra.

Entiendo, añade el Sr Obispo, que el ofrecimiento de los propietarios es gratuito, sin más condiciones que dejar despejada la plaza; y en este caso convine saber si el Ayuntamiento está dispuesto a pagar el terreno que se le cede.

¿Só estos dous mercados?

Polo exposto, parecería que non houbera mais mercados que os de Mondoñedo e  Ferreira.

Non é así, Andrés Canora no seu libro Alfoz y Valadouro, historia de un valle, citando a Larruga, fálanos

da feira de gando de Ferreira, Cadramón e Vilacampa e que se facían,
según Larruga,
por costumbre y no en fuerza de privilegio que por ellas se tengan”.

Pero o que é mais, o mercado de Ferreira non era o único da comarca, xa que
 no século XVIII,  destaca a feira de gando caballar en Reirado,
así como no XIX, os mercados de graos os mércores de cada semán en Mor
e as feiras mensuais de Retiro e Correlos.
 E por estas mismas datas, cítanse as seguintes: Feria dos cochos y Feira Nova, celebradas fora da praza de Ferreira por falta de espacio.

¿Que fixo perdurar no tempo o mercado de Ferreira?

Foi e é un mercado froito da iniciativa popular e iso arraiga, crea raíces, implica facendo duradeiro no tempo.

Ademáis do dito, o nacemento, progreso, evolución e permanencia do mercado ven sostido por un cúmulo de factores que o alimentan, ademáis do xa mencionado dos milagres da Virxen:

-        O gandeiro, que dende o século XVI  empeza a ter carácter comercial.

-        O cerealista, que promove un mercado do que se serviron os grandes propietarios para negociar coas rentas e contratos de arrendamento.

-        O comercio de lenzos que cobra forza a través do mercado  no que sabemos que se comercializaba con Castela. Na Corte falábase dos lenzos de Valle de Oro. No 1860, época que pode ser tida como  de pleno auge do mercado de Ferreira, podemos ler: “cuatro maravedís por cada libra de lienzo en madeja, lino peinado, estopa en asta, lana y cera”.

-        Outros bens: aperos de labranza, ferraxes, mantas de buriel e paños de picote, etc.

**** Estos condicionantes obligan a garantir a permanencia do mercado de Ferreira, pasando de mercado temporal a mercado permanente que permite o asentamento definitivo de mercaderes e comerciantes  procedentes de Castela, de León o que leva a creación de núcleos de transación económica para toda o Val.

**** O retorno de toda unha xeneración de familias ricas que habían feito capital sobre todo en Cuba e Arxentina (fináis do século XIX, principios do XX), axudaron á consolidación dunha vila con edificios nobles, establecemento de comercios, banca.

**** O 27 de xaneiro de 1894, da man da  Rexente Dona María Cristina podemos ler: “Queriendo dar una prueba de mi real aprecio al pueblo de Ferreira del Valle de Oro, provincia de Lugo, por el desarrollo de su industria, comercio y aumento de la población”,  le otorgo el título de villa.

DOUS AMBIENTES: O RURAL, O URBÁN

Este mercado e estas condicións son as que favorecerían dous ambientes distintos nesta comarca, o rural, o da aldea, o dos campesinos e o urbán, o dos comerciantes.

Os dous mundos complementábanse: o campesino, o labrador precisaba de productos e bens que non recolleitaba, así como necesitaba dun lugar público, coñecido e concurrido no que airear, dar a coñecer os excedentes da sua producción para poder levar a cabo unha economía de mercado cambista. Unha vez vendida a mercaduría, xa podía ir a tenda e mercar o habituallamiento para a semán ou para o mes.

Esto trouxo como consecuencia que,  en torno a ese espacio do mercao de Ferreira, se crearan zoas de servicio, e así foron aparecendo as fondas, as tabernas, os muiños, as tendas de ultramarinos, as ferreterías, etc.

Ollemos o entorno da praza: debaixo, a tenda e, pola riba, as vivendas.

Nunha palabra,

 nace a rede de tendas ciudadás como síntese de taller/obradoiro, tenda e vivenda.

 Así foi nacendo Ferreira, centro comercial de tódala comarca.

Foi, pois, o mercado de Ferreira o eixo fundamental que centrou e aglutinóu e creou, en torno a el, unha serie de servicios, porque, lembremos, todos tíñamos que pasar por Ferreira, pero non só a comprar senón tamén a vender.

Foi, polo tanto, e segue a ser, o mercado de Ferreira unha
experiencia básica de socialización,
intercambio
e civilización

para tódolos habitantes de Alfoz-Valadouro, así como de  parroquias de outros concellos, asiduos ó noso mercado.


¿Por qué perduran os mercados?

Porque parten duna filosofía que é moi acertada: a da calidade e a da forma de dar a coñecer esa calidade:

Chegan as mulleres e os homes coas suas cestas, séntanse na praza, abren as cestas e deixan amosar as leitugas, fresquiñas como un rocío, os tomates, as xudías, cebolas e allos. Todo tan fresquiño, todo tan do día, que realmente cautivan a atención dos clientes, e venden, vaya si venden.

Os vendedores ambulantes, ¿non fan o mesmo cos seus productos?. Enchen o so de zapatos, ou guindan o touciño, os chourizos e xamóns, meténdonoslos polos ollos,

 O mesmo acontece coa roupa, todas as tallas colgadas dun barandal como si fora un tendedeiro de roupa despois da colada.

Pódenos levar a pensar que é un caos, que é o desorden establecido e, sen embargo, é o mayor desorden organizado coa única intención de meternos nas mans a mercadoría para que a sintamos, a palpemos, a levemos, a compremos………

Sinxelamente, están a aplicar a filosofía das mulleres e dos homes da praza, a filosofía que seguiron toda a vida, a de expoñer, dar a coñecer para despertar as ganas de comprar.

¡Canto queda por aprender!. ¿Cantos comercios, bares, negocios en xeral vedes, vemos na nosa praza que saquen as prendas, os productos a veirarúa? ¿Por qué no  fan? ¿Por medo o roubo o por falla de iniciativa?. ¿Por qué non siguen a filosofía dos da praza? ¿A casa naide lles ía a comprar, tuvérono que traer a praza. Nun comercio, ou teño moita extensión, gran superficie,  pasando a ser toda a ienda unha gran plaza ou teño que sacar a rúa o que non me ven dentro:


Moi ben, todo o mundo nos conoce, sabemos o que temos pero a necesidade de compra fomentase co roce, como o cariño…….

Si tódolos días teño tapas no meu establecemento, por que non deixar constancia diso nun atril, nun caballete de pintor, donde se vexa, alí preto do negocio….

Moita lección e boa temos nesa escola aberta que son os mercados.
¡Que forma de convivir!
¡Que humanismo se respira neles!
¡Qué gran escola de vida!
Os mercados son unha experiencia básica de socialización, de convivencia, de intercambio e de civilización.
¡Vivámolos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

El verano en A Mariña Lucense

En este rincón de A Mariña Lucense esperamos con ilusión los largos días de verano para disfrutar de los incontables eventos festivos, gastronómicos, culturales, etc. que tendrán lugar dentro de los 1.660 km2 de nuestra comarca. Todos los años vuelven aquellos que por trabajo algún día se tuvieron que ir, a los que una segunda residencia espera ser habitada en temporada estival, a los que sin conocer, deciden escoger esta parte de Galicia y sorprenderse de la fuerza del Mar Cantábrico que baña nuestras playas, la mayoría con bandera azul, y los numerosos senderos verdes que nos hace agradecer a la naturaleza poder respirar y contemplar tanta variedad y diversidad de flora y fauna. Y para los que aún tienen dudas sobre el destino a escoger para sus vacaciones, animamos a acercarse A Mariña Lucense desde cualquier punto de la geografía, ya que contamos con una buena red de comunicaciones, y así poder comprobar la realidad de todo lo que desde aquí vemos tan hermoso. Sería difícil recop

Lugo, A Mariña Central: Burela, Foz, Barreiros y O Valadouro

La Costa de Lugo es en términos generales la línea litoral del Cantábrico formada por los pueblos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro y O Vicedo, todos ellos situados en el norte de Lugo. Ribadeo es el límite con la provincia de Asturias, separado por la ría del Eo. Al otro lado la provincia de la Coruña que separa a la de Lugo por la ría de O Barqueiro. El litoral de la Costa de Lugo abarca en total unos 100 Km del litoral Cantábrico, un mar más cálido que el Atlántico. Esta costa está dividida a su vez por tres comarcas: A Mariña oriental, A Mariña central y A Mariña occidental. Nuestro Hotel está situado en la comarca de la A Mariña Central, entre Burela y Foz, muy cerca también de Barreiros y Alfoz . Esta zona también abarca pueblos de interior. En esta zona los pueblos más importantes son los de Foz, con aproximadamente unos 25 Km de costa y un total de unas 10 playas, muchas de ellas con una alta calidad en sus aguas, siendo prueba de ello las bander

Foz - Lugo. Historia y cultura.

Para conocer la historia de Foz es necesario remontarse a los periodos prehistóricos. El nombre de Foz proviene de la palabra latina "fauce", que describe de forma gráfica la desembocadura del río Masma. La historia de Foz está ligada al mar, y lo ha estado hasta hace muy poco. Las antiguas civilizaciones, en época prerromana, llegaron a través del mar. El nacimiento de Foz pudiera ser que se iniciara en la época de los ártabros, aunque también se dice que pudo haber sido una factoría establecida por los tartésicos. Más tarde se asentaron en Foz fenicios y romanos, buscando la riqueza aurífera de estas tierras, no en vano por por aquí pasa el río Ouro, que nace en la sierra de Cristal, en el municipio de Alfoz, ubicada muy cerca de nuestro Hotel , desde el cual se puede divisar dicha Sierra. El río Ouro desemboca en Fazouro del municipio de Foz. Entre estas dos localidades el valle formado por el río es denominado Val Do Ouro. Es de suponer que en esta época hubo una gran a