Ramón Hermida Pumares (23 de marzo de 2007) MERCADO ANUAL. O mercado de Ferreira, impulsor desta fermosa vila. Hoxe, énchesenos a boca falando da sociedade da información, da sociedade do coñecemento, da globalización dos mercados, como si estivéramos a falar dunha gran revolución comercial, que a é, pero é tal, máis pola tecnoloxía que se emprega que pola filosofía que se aplica, porque sempre foron os mercados foros de información, núcleos de tertulia e de espacios globalizantes donde tiña cabida calquer tipo de mercaduría, sin importar procedencia, como sucede hoxendía. Os mercados , dende sempre, son o mundo riquísimo dos intercambios, porque cando a xente vai o mercado non só se abastece de productos ou os vende , senón que entra en contacto coa información. Ir o mercado era unha experiencia necesaria para as poboacións ailladas...
Turismo en el entorno de O Valadouro, entre Burela, Foz y Barreiros. A Mariña Lucense - Galicia,